Autoría

REDAS esixe que as/os autoras/es observen as normas estritas con respecto á ética editorial: plaxio – estando prohibido publicar a mesma investigación en máis dunha revista – duplicar a publicación do propio traballo dos autores – na súa totalidade ou en parte, sen a debida mención – e a apropiación indebida da obra doutros autores. As acusacións de conduta falta de ética serán discutidas inicialmente co autor correspondente. No caso de que a discusión persista o asunto será remitido á institución do autor e aos organismos de financiamento para a súa investigación e enxuízamento.

Responsabilidades do autor

REDAS desexa que todos os autores haxan contribuído de maneira significativa na investigación remitida para a súa avaliación, e que todos os datos que figuran nos seus artigos sexan veraces e auténticos.

Responsabilidades editoriais

Os editores de REDAS asumen a total responsabilidade e a autoridade para rexeitar ou aceptar un artigo. Os editores confirman que non teñen ningún conflito de intereses cos artigos que rexeitan/aceptan, que só aceptarán un artigo cando teñan a certeza da súa autenticidade. Se se atopasen erros, os editores alentarán a publicación da corrección ou retractacións, preservando o anonimato dos colaboradores.

Cuestións de ética editorial

A ética editorial será controlada e protexida polo Consello de Redacción de REDAS. REDAS estará sempre disposta a publicar correccións, aclaracións, retractacións e desculpas cando sexa necesario, non publicando en ningún caso plaxios nin datos fraudulentos.