ISSN-e: 2444-9571
Obxectivos e alcance
REDAS é unha publicación académica electrónica anual de contido xurídico, onde teñen cabida traballos científicos e divulgativos, previo cumprimento das regras de edición e previa valoración positiva do Consello de Redacción sobre os seguintes ámbitos temáticos:
- Auga
- Medio ambiente
- Desenvolvemento sostible
Frecuencia de publicación
A revista é publicada en liña anualmente.
Actividades académicas
REDAS poderá organizar e colaborar na organización de xornadas, cursos e outras actividades formativas (académicas e/ou profesionais) relacionadas coa auga, o medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
